SEDE ELECTRÓNICA

Recargo sobre estadias turisticas

O Recargo municipal sobre o Imposto Galego sobre as Estadías Turísticas establécese sobre as estadías realizadas en establecementos de aloxamento turístico situados en Vigo, así como sobre as realizadas en embarcacións de cruceiro turístico fondeadas ou amarradas no porto de Vigo, cando realicen escala no mesmo.

A finalidade deste tributo é que as persoas que realizan estadías en establecementos turísticos poidan contribuír de xeito equitativo ao sostemento dos servizos públicos municipais. O 80% do importe recadado empregarase para financiar actuacións dirixidas á promoción, impulso, protección, fomento e desenvolvemento sustentable do turismo na cidade.

Para máis información: turismo de Vigo

O recargo é cobrado polos establecementos e empresas consignatarias ás persoas que realizan as estancias e posteriormente ingresado ao Concello mediante autoliquidación semestral.

Normativa

Ordenanza Nº 54: Ordenanza fiscal reguladora do recargo municipal sobre o Imposto galego sobre as Estadías Turísticas

Documentación

Trámites

Modelo de autoliquidación (pdte.)

Ayuntamiento de Vigo (Servicio de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servicios de la Sede Electrónica

Carpeta ciudadana

Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).

Más información