Recollida do vehículo do depósito municipal pola súa retirada da via pública.
O suxeito pasivo da taxa pola Inmobilización, Retirada, Depósito e Custodia de Vehículos ou persoa autorizada.
Son suxeitos pasivos contribuíntes os titulares dos vehículos, entendéndose por tales quen figure no permiso de circulación do vehículo.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Para a recollida do vehículo, os interesados ingresarán no Depósito de vehículos, polo procedemento de autoliquidación, o importe das taxas calculado segundo o disposto no artigo 5 da Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas pola Inmobilización, Retirada, Depósito e Custodia de Vehículos.
- Responderán solidariamente do pago destas taxas quen conduza o vehículo no momento da súa retirada.
- Unicamente están exentos do pago das taxas polos servizos regulados na presente ordenanza os traslados dos vehículos que fose preciso retirar das vías públicas nos supostos 11 e 12 do apartado III do artigo 292 do Código de Circulación, e dicir, cando se ache estacionado no itinerario ou espazo que haxa de ser ocupado por unha comitiva, desfile, procesión, cabalgata, proba deportiva ou outra actividade de relevo, debidamente autorizada e cando resulte necesario para a reparación e limpeza da vía pública.
- Os efectos da Ordenanza reguladora, enténdese por depósito municipal o situado na Avda de Madrid, ou calquera outro que se estableza pola Alcaldía, puidendo, se concorren circunstancias que o aconsellen, sinalarse como depósito calquera garaxe público da cidade, con percepción das mesmas tarifas que as fixadas para o depósito municipal.
- O devengo das taxas polos servizos prestados é independente da sanción que proceda impoñer conforme ó procedemento establecido.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).