Terán a consideración de calas todas as aperturas de solo ou pavimento que conten coas seguintes características:
a) Xeométricas:
Anchura máxima: 1,5 m
Lonxitude máxima: 25 m
Profundidade máxima: 4,5 m
No caso de que se sobrepase a anchura máxima e sen sobrepasar os 3 metros, a superficie afectada non superará os 20 metros cadrados.
No caso de que afecte á rede viaria, a totalidade do perímetro do preceptivo balizamento non suporá o corte total do tráfico en ningún dos sentidos de circulación permitidos en dita vía.
b) Temporais: O Prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.
Considérase acometida a obra realizada para levar o servizo dende o final da canalización ata os inmobles.
Calquera persoa ou entidade.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).