Solicitude de Certificado de Empadroamento

Os certificados, a diferenza dos xustificantes (volantes) deben estar asinados. Por este motivo non se poden emitir dende Internet. Pero pódesense solicitar por Internet e vir recollelos ao Concello.

Para as mayorías das situacións chega con solicitar un volante de empadroamento que é gratuito e pódese solicitar por Internet e imprimir de forma inmediata.

Os certificados serven para os seguintes casos especiais:

-Pensións non contributivas (10-5 anos) (invalidez, xubilación, ...) e pensións do estranxeiro (castelán)

-Adquisición nacionalidade española

-Adopcións internacionais (cando xa está concedida a adopción, para finalizar o trámite)

-Algúns trámites do xulgado e de notarías

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet

Pode obter o seu certificado de empadroamento individual de forma inmediata e sen esperas dende a súa Carpeta Cidadá na sección: Padrón Habitantes -> Datos persoais.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

No servizo de Estatística (Ventanilla 8B)
ATENCIÓN SEN CITA PREVIA de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30.
Calquera persoa poderá acudir ao Concello de Vigo, atenderáselle por orde de chegadas, imprimindo un número na máquina dispensadora, ata final de números dispoñibles.

No rexistro xeral
ATENCIÓN SEN CITA PREVIA de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30.
Calquera persoa poderá acudir ao Concello de Vigo, atenderáselle por orde de chegadas, imprimindo un número na máquina dispensadora, ata final de números dispoñibles, (para determinados colectivos -+65, discapacidade, embarazadas- contamos cun sistema de atención preferente para evitar tempos de espera).

Observacións

Existe unha taxa na emisión de certificados do Padrón municipal de habitantes. As tarifas dependen do tipo de certificado e poden consultarse no artigo 5.1 da ordenanza 10 de expedición de documentos.

-Os certificados de pensiones non contributivas son gratuitos

O importe deberase aboar ao vir recoller o certificado solicitado.

Oficinas

  • Estatística - Vivendas

    Concello de Vigo - Planta Baixa - Praza do Rei nº1 36202 - Vigo

    Email: ofi.estatistica@vigo.org

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información