Solicitude para o desempeño de actividades con drons

En cumprimento do articulo 21.3 del RD 1036/2017 de 15 de decembro, polo que se regula a utilización civil das aeronaves pilotadas por control remoto, no caso de facer operacións aéreas especializadas sobre aglomeracións de edificios en cidades, pobos ou lugares habitados ou reunións de persoas ao aire libre, deben realizarse sobre zonas acoutadas na superficie nas que, a autoridade competente a tales efectos, teña limitado o paso de persoas ou vehículos ou, noutro caso, mantendo unha distancia horizontal mínima de seguridade de 50 m respecto de edificios ou outro tipo de estruturas e respecto de calquera persoa, salvo persoal do operador ou persoal que está involucrado no desenvolvemento da operación.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica que precise a acotación para desenrolar o uso con aeronaves non tripuladas

Como facelo

Solicitará os lugares donde se desexa limitar o paso de vehículos e persoas

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

    • Alta de rexistro de operador europeo
    • Comunicación ao Ministerio do Interior
    • Declaración operacional
    • Comunicación ao aeropuerto
      Coordinación con aeroporto de Vigo e Heliporto Álvaro Cunqueiro sempre que foran preciso debido a xeografía de voo.
    • Póliza de seguro de responsabilidade Civil e recibo de pago
      e recibo de pago actualizado
    • Planos de situación
      do despegue e perímetro de protección da zona de voo acotado (m2)
    • Documentación de persoal cualificado para vixilancia dos accesos a zona delimitada

Oficinas

  • Seguridade e Mobilidade

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 1
    Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información