Consiste no recoñecemento e na declaración da concreta situación urbanística das obras, instalacións,construcións e edificacións existentes rematadas, realizadas sen licenza, comunicación previa ou orde de execución, ou incumprindo as condicións sinaladas nelas, das cales transcorrese o prazo para que se adoptasen as medidas de restauración da legalidade urbanística.
A declaración da situación urbanística da obra terminada non modifica o carácter ilegal dela, e, en consecuencia, serao sen prexuízo daquelas responsabilidades que puidesen incorrer o seu titular ou da instrución daqueloutros procedementos a que dese lugar.
De conformidade co artigo 377 do RLSG considérase que son obras totalmente rematadas aquelas que se atopen dispostas para servir ao fin a que estean destinadas e en condicións de seren ocupadas sen necesidade de obra complementaria de ningún tipo.
Para os efectos da declaración de fora de ordenación, considerase que unha obra sirve ao fin a que estea destinada cando cumpra as seguintes condicións básicas:
a) Dispón de accesibilidade adecuada en condicións de seguridade.
b) A súa implantación non xera impactos que supoñan riscos previsibles para as persoas ou bens.
c) Conta coas necesarias condicións de seguridade estrutural e de utilización, conforme ao uso ao que se
destina.
d) Reúne condicións adecuadas de salubridade para que non se vexa afectada a saúde das persoas na súa
utilización, nin se alteren as condicións ambientais da súa contorna.
e) Os espazos habitables resultan aptos para o uso ao que se destinan por reunir uns requisitos mínimos de
funcionalidade.
O recoñecemento de que a edificación reúne as condicións básicas en materia de seguridade, habitabilidade
e salubridade, determina a aptitude física da edificación pero non presupón o cumprimento dos requisitos e
condicións que foren esixidos para autorizar as actividades que na mesma leven a cabo.
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).