Terminadas as obras de edificación autorizadas nas correspondentes licenzas previas, a persoa titular da licenza porao en coñecemento do Concello de Vigo, mediante impreso normalizado de comunicación previa de primeira ocupación, xunto coa documentación preceptiva.
COMUNICACIÓN PREVIA: documento polo cal as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou o inicio dunha actividade, consonte o establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Antes da comunicación previa de primeira ocupación da edificación deberán cumprirse todas as condicións da licenza de obras autorizada (cesións, urbanización, etc.).
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.Comunicación previa: documento polo cal as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou o inicio dunha actividade, consonte o establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A presentación dunha comunicación previa non é unha autorización administrativa tácita, senón un medio para que a Administración coñeza a existencia da actuación de que se trate e posibilite o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. Constitúe un título habilitante de natureza urbanística, correspondéndolles ás persoas titulares axustarse ás condicións indicadas na comunicación e ás demais esixidas polo ordenamento xurídico.
O transcurso do prazo de quince días hábiles sen que o Concello declare completa a documentación presentada ou requira a emenda das deficiencias que presente non habilita para a ocupación das edificacións se as obras non están rematadas, non se cumpriron todas as condicións da licenza de obras autorizada (cesións, urbanización, etc.) ou a edificación non se axusta á licenza autorizada sen modificacións substanciais, requisitos que a persoa interesada manifesta cumprir baixo a súa responsabilidade.
Advírtese que o Concello dispón de posteriores facultades de comprobación, control e inspección sobre os actos e usos do solo. A responsabilidade solidaria respecto da conformidade das obras coa ordenación urbanística de aplicación e da súa adecuación ao proxecto presentado é atribuída pola lexislación a quen promova as obras, a quen teña a propiedade dos terreos, aos empresarios das obras, aos técnicos redactores do proxecto e ás persoas directoras das obras e da súa execución (artigo 160.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia).
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).