Certificado de empadroamento para moratorias de aluguer, de hipoteca ou de créditos e préstamos non hipotecarios (Real Decreto-Ley 8/2020 e Real Decreto-Lei 11/2020)
Documento que acredite a identidade do solicitante/autorizado e de cada unha das persoas maiores de idade que autorizan
- Cidadáns españois: DNI ou permiso de conducir.
- Cidadáns extranxeiros: Tarxeta co NIE ou pasaporte.
- No caso de menores de idade, achegarase libro de familia ou certificado de nacemento.
Observacións
- O certificado expedirase aos efectos de acreditación da situación padroal, a fin de solicitar moratoria / axuda o abeiro do Real Decreto-lei 8/2020 e/ou do Real Decreto-lei 11/2020.
- Con carácter excepcional para este trámite, o certificado expedido aos efectos indicados enviarase á dirección de correo electrónico indicada polo interesado na solicitude.
- De conformidade co art. 28.7 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas “os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que acheguen”.
- Lembre que, de conformidade dos artigos 6.2 y 17.2 do Real Decreto-ley 11/2020 e para os supostos para os que se prevé, se o solicitante da moratoria non pudera achegar algún dos documentos requiridos “poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos, relacionados coas consecuencias da crise do COVID-19, que lle impiden tal aportación. Trala finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporá do prazo dun mes para a aportación dos documentos que non facilitara”.
Comprobe a validez dos documentos emitidos polo Concello de Vigo.
Servizos da Sede Electrónica
Asistente Vigo25×
Acceso non autorizado: Identificación requirida
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).