Xustificación das subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2025

Esta convocatoria de subvencións,en réximen de concorrencia competitiva, realizada pola Concellería de Emprego do Concello de Vigo, no marco da actuación municipal para o ano 2025, se integran na liña 4.7.- Fomento de actividades sociais: actividades de interese público realizadas a través de agrupacións de persoas, asociacións, etc do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 08.03.2024; ao seu efecto, ten por obxecto apoiar ás entidades asociativas no desenvolvemento dos seus proxectos para o fomento da inserción laboral e o Fomento da creación e consolidación do emprego estable e de calidade no municipio, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo, realizadas ou pendentes de levar a cabo, dende 1 de agosto de 2024 ata o 31 de xullo de 2025. Estas axudas están dirixidas a fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e o fomento da estabilidade laboral do persoal contratado ou transformado en fixos ou fixos descontinuos nas últimas dúas convocatorias, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía.

A quen está dirixido

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

• Programa I: "Entidades veciñais e culturais" - Epígrafes 10.1 e 10.5.

• Programa II: "Entidades sociais e asistenciais" - Epígrafes 1, 2, 4.1 e 9.1.

• Programa III: "Organizacións sindicais" - Epígrafe 5.1

• Programa IV: "Entidades empresariais” - Epígrafes 5.2

• Programa V: "Comunidades de Montes" - Epígrafe 10.7

• Programa VI: "Entidades deportivas" - Epígrafes 3.0.0, 3.1.1 e 3.1.2

Como facelo

Por Internet

Dispoñible a partir do primeiro día do prazo de solicitudes

Prema no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.




Prazos

Prazo de presentación da xustificación: Hasta el 17/10/2025.

Documentación requirida

    • (SFESL2025) Anexo VIII: Declaración responsable de xustificación da subvención asinada electronicamente polo representante legal da entidade na que manifesten que a documentación dixitalizada que se achega para a xustificación da presente subvención é fiel reprodución da documentación orixinal e que son certos todos os datos reflectidos na documentación achegada para xustificar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos recibidos.
    • (SFESL2025) Anexo IX: Memoria de actividades realizadas asinada electronicamente polo representante legal da entidade, conforme ao proxecto achegado coa solicitude, no que fundamentaron a concesión da/s subvención/s realizadas.
    • (SFESL2025) Anexo X: Memoria económica as entidades beneficiarias achegarán a través da sede electrónica unha memoria económica asinada electronicamente en .pdf coa relación dos custos salariais e de seguridade social, así coma dos outros custos (gastos financeiros e de xestión), segundo o modelo a disposición na sede electrónica, que tamén remitirán por correo electrónico a ofi.emprego@vigo.org
    • (SFESL2025) Anexo XI: En caso de exención do IVE achegarase unha declaración responsable asinada electronicamente pola entidade de non dedución do IVE ou, no seu defecto, o acordo de exención do IVE correspondente.
    • (SFESL2025) Anexo XII: Documento de información á persoa traballadora
    • Memoria das contratacións realizadas con cargo á subvencións
    • Certificación de estar ao corrente coas obrigas tributarias
      A beneficiaria deberá estar ao corrente no seu cumprimento coas obrigas tributarias (administracións estatal, autonómica e local) e coa Seguridade Social. Se a entidade non autorizou ao Concello para a súa expedición por medios telemáticos deberá achegar de novo os certificados correspondentes ou a declaración responsable naqueles supostos previstos no artigo 31.7.e) da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.
    • Copia da resolución de outorgamento
      Para o caso de que a entidade beneficiaria declare ter recibido outras subvencións para os mesmos gastos subvencionados nos Programas desta convocatoria, ou para a mesma finalidade procedentes de calquera das administracións públicas ou entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, deberá achegar copia electrónica da resolución de concesión das mesmas.

Oficinas

  • Desenvolvemento local e emprego Concello de Vigo
    Praza do Rei 1, 4ª Planta
    Teléfono: 986 810 304 ; 986 810 232

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información