Subvencións do servizo de igualdade a entidades deportivas sen ánimo de lucro do Concello de Vigo para a promoción do deporte feminino na tempada 2023/2024 ou do ano 2024
Estas subvencións teñen por obxecto promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres nas distintas modalidades deportivas (equipos e/ou individuais).
Aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 31/05/2024.
Publicación das bases reguladoras no BOP de Pontevedra nº 111, de data 7 de xuño de 2024.
Publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra nº 114, de data 12 de xuño de 2024.
En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ( LPAC) establécese o emprego de xeito exclusivo de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Vigo.
Convocatoria
- Prazo solicitudes: 13/06/2024 - 26/06/2024.
Documentación
- Bases reguladoras (07/06/2024).
- Extracto da convocatoria (12/06/2024).
- Anexo I (para a solicitude) (12/06/2024).
- Anexo II (para a solicitude) (12/06/2024).
- Anexo III (para a solicitude) (12/06/2024).
- Anexo IV (para a solicitude) (12/06/2024).
- Anexo V (para a solicitude) (12/06/2024).
- Anexo VI (para a xustificación) (12/06/2024).
- Anexo VII (para a xustificación) (12/06/2024).