Solicitude de Certificado de Empadroamento

Instrucións

Cubra este formulario para solicitar un certificado de empadronamento. Unha vez que cubra tódolos datos presione no botón de tramitar.

Datos do solicitante

Introduza os datos del titular del certificado. Se o titular é distinto ao solicitante debe facer a solicitude de forma presencial aportando os DNI de ambos.

Nome
Documento de identificación
Enderezo no que está/estivo empadroado

Introduza os datos do enderezo de empadroamento.

Dirección
Datos a efectos de notificación

Introduza os datos de correo electrónico e teléfono para poderlle notificar.

Correo electrónico, teléfono
Datos do certificado

Explique o motivo polo que solicita o certificado no cadro de observacións. No caso de que pida certificado para anos anteriores a 1991 indique anos e enderezo no que estaba empadroado.

A efectos de
Idioma do certificado
Nacemento do titular
Observacións
(*) Campos obrigatorios

Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo, L. O. 3/2018, de 5 do decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e demais disposición de aplicación.

A lexitimación do tratamento pode estar baseada no consentimento das persoas interesadas e/ou o cumprimento dunha obrigación legal e/ou o cumprimento dunha misión realizada en interese público e/ou a protección de intereses vitais e/ou a execución dun contrato.

O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.

Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.

As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, diríxirase ao correo dpd.vigo@vigo.org

Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

ADVÍRTESELLE QUE conforme co disposto no apartado 4 do artigo 69 da lei 39/2015 de 1 de outubro de PAC das AAPP, "A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou actividade afectada desde o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Así mesmo, a resolución da administración pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do/a interesado/a de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao comezo da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado, todo iso conforme aos termos establecidos nas normas sectoriais de aplicación."

No caso de solicitude de "Identificación do condutor en multas de tráfico do Concello de Vigo" en cumprimento do Regulamento UE 2016/679 comunicase que o responsable do tratamento dos seus datos personais é o CONCELLO DE VIGO, sendo encargado do mesmo a empresa concesionaria ("Servicios de Colaboración Integral, S.A"). A finalidade do tratamento é a xestión das denuncias de tráfico formuladas polo incumprimento das normas de Lei de Seguridade Vial. A lexitimación do tratamento radica no art. 6 do RGPD. Poderán acceder aos seus datos o Concello de Vigo e Servicios de Colaboración Integral exclusivamente para xestionar a finalidade descrita.


Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información