Alleamento de vehículos e chatarra
Data de publicación: 11/02/2011
Data de fin de prazo: 22/02/2011
Expediente: 3447-241
A Xunta de Goberno Local, en diversas sesións, adoptou os acordos seguintes:
"Allear a chatarra depositada no Parque Central de Servizos, consistente en:
Furgoneta PO-4620-AD, cun peso de 975 kgs.
Motocicleta PO-3008-BM, cun peso de 240 kgs.
Camión PO-2330-AG, cun peso de 10.000 kgs.
Chatarra diversa de ferro, cun peso aprox. de 20.000 kgs.
Retais de cable de cobre illado, nos que está incluído o illamento, cun total estimado de 500 kgs. A pesaxe efectuarase co cable no seu estado actual, polo que a retirada do illamento e outros procesos serán a cargo do adxudicatario.
Idem. Idem. retais de cable de aluminio illado, cun peso estimado de 1.000 kgs.
Solicitar oferta a diversas empresas especializadas, que haberán de cumpri-las seguintes condicións:
As empresas licitadoras estarán en posesión da autorización concedida pola Xunta de Galicia como xestoras de resíduos perigosos (vehículos ó final da súa vida útil).
Non se fixa tipo de licitación.
Os ofertantes aportarán prezos para a retirada de cada unha destas partidas, tendo en conta que serán ó seu cargo os custos de seccionamento, carga, temas administrativos, etc.
A pesaxe efectuarase no Parque Central, utilizando a súa báscula. O cable pesarase no seu estado actual, polo que a retirada do illamento e outros procesos será a cargo do adxudicatario.
A retirada das chatarras realizarase entre as 9.00 e as 14.00 horas, agás que o Parque Central autorice puntualmente un horario distinto por razóns xustificadas.
O adxudicatario será o licitador que oferte un prezo máis alto.
As ofertas presentaranse en sobre pechado a través do Rexistro Xeral do Concello que conterá o seguinte modelo de proposición:
"D. ......................, con D.N.I. nº .........., en nome propio (ou en representación de ........), informado do procedemento para o alleamento de chatarra do Parque Central de Servizos, solicita a súa admisión ó mesmo e fai constar:
1.- Que acepta integramente as condicións para o alleamento.
2.- Propón como prezos os seguintes:
Furgoneta PO-4620-AD .................................... euros
Motocileta PO-3008-BM ................................... euros
Camión PO-2330-AG ........................................ euros
Chatarra de ferro ............................................... euros/kg.
Retais de cable de cobre ................................... euros/kg.
Retais de cable de aluminio .................................. euros/kg.
Lugar, data e sinatura do licitador."
"Allear para chatarra 115 vehículos que se atopan no depósito municipal (que figuran en relacións adxuntas), solicitando oferta a diversas empresas especializadas, que haberán de cumpri-las seguintes condicións:
As empresas licitadoras estarán en posesión da autorización concedida pola Xunta de Galicia como xestoras de resíduos perigosos (vehículos ó final da súa vida útil).
Non se fixa tipo de licitación, debendo ofertarse unha cantidade global para o lote completo.
Os gastos de recollida e traslado dos vehículos e motocicletas serán por conta do adxudicatario, debendo secciona-los bastidores antes da retirada, no prazo máximo de 10 días (contado a partir da data de notificación do acordo de adxudicación), debendo presenta-lo xustificante do abono do prezo.
O adxudicatario será o licitador que oferte un prezo máis alto.
As ofertas presentaranse en sobre pechado a través do Rexistro Xeral do Concello que conterá o seguinte modelo de proposición:
"D. ......................, con D.N.I. nº .........., en nome propio (ou en representación de ........), informado do procedemento para a venda para chatarra de 115 vehículos, solicita a súa admisión ó mesmo e fai constar:
1.- Que acepta integramente as condicións para a enaxenación dos 115 vehículos.
2.- Propón como prezo para acompra dos 115 vehículos o de ........... euros.
Lugar, data e sinatura do licitador."
As ofertas presentaranse no Rexistro Xeral ata as 13.30 horas do día 22 de febreiro de 2011.
Documentación: