Carpeta Cidadá
A Carpeta Cidadá ofrece á cidadanía e empresas a consulta de forma individual e personalizada dos seus datos persoais que son xestionados polo Concello de Vigo.
Acceso por NIF e PIN
Para obter o PIN-SMS de acceso e firma pode realizalo das seguintes formas:
1. De forma telemática
Debe cumplimentar a Alta no sistema Chave-PIN SMS (debe autenticarse mediante Certificado electrónico, DNIe, Chave permanente ou pin 24 horas).
2. De forma presencial
Debe cumplimentar a solicitude de acceso.
Rematada a solicitude deberá solicitar cita previa ( seleccionar Concello de Vigo -> Carpeta cidadá ) para que se lle entregue o contrasinal xerado na oficina de Información do Concello ou no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo presentando a documentación de identificación:
Documentación de identificación:
- Persoas Físicas:
- Cidadá de nacionalidade española:
- O Documento Nacional de Identidade (DNI), pasaporte ou carné de conducir.
- Cidadá da Unión Europea:
- Documento Nacional de Identificación de Extranxeiros onde conste o NIE xunto co Pasaporte ou documento de identidade de país de orixe, ou
- Certificado de Ciudadá da Unión onde conste o NIE xunto co Pasaporte ou documento de identidade de país de orixe, ou
- Documento oficial de concesión do NIF/NIE, xunto co pasaporte ou o documento de identidade do país de orixe.
- Cidadá extranxeiro:
- Tarxeta Vermella/Verde/Branca de Identificación de Extranxeiros onde consta o NIE junto co pasaporte, ou
- Documento oficial de concesión do NIF/NIE xunto co pasaporte.
- Cidadá de nacionalidade española:
- Empresas:
- Orixinal do poder notarial e fotocopia do DNI da persoa apoderada.
- Tarxeta de identificación fiscal.
- Autorización da persoa apoderada á persoa que recolle o contrasinal.
- DNI orixinal da persoa que recolle o contrasinal.
- Entidades e Asociacións:
- Orixinal da acta de constitución ou documento equivalente a valorar pola Oficina de asistencia no Rexistro e Información.
- Tarxeta de identificación fiscal.
- Nomeamento da presidencia.
- Autorización e fotocopia do DNI do presidente á persoa que recolle o contrasinal.
- DNI orixinal da persoa que recolle o contrasinal.
Acceso por DNI electrónico ou certificado electrónico
Con este sistema no é necesario darse de alta.
Con este sistema pode acceder á Carpeta cidadá sen necesidade de solicitar CHAVE-PIN nin de presentarse no Concello de Vigo. Máis información.
Servizos que ofrece:
A Carpeta Cidadá ofrece á cidadanía e empresas a consulta de forma individual e persoalizada dos datos persoais que son xestionados polo Concello de Vigo.
- Rexistro Telemático: Rexistro Oficial de documentos ao Concello de Vigo ou á Xerencia de Urbanismo de Vigo.
- Consulta de expedientes: Acceso a todos os expedientes dos que é titular e ver o estado no que se atopan en tempo real.
- Información tributaria: Consulta de todos os seus bens tributarios (IBI, IAE, LIXO, VEHÍCULOS...) e operacións sobre os seus recibos (pagamento, duplicados, domiciliacións,...)
- Multas de tráfico: Consulta das multas de tráfico a o seu nome e impresión da carta de pagamento.
- Padrón de habitantes: Acceso a todos os seus datos do Padrón de Habitantes de Vigo e xeración de volantes de empadroamento en liña.