Calendario do contribuinte
Nesta sección recóllense as datas de comezo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns de tributos de cobro periódico e notificación colectiva correspondentes ao exercicio 2025, así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras e data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso (sobrepasada a data límite será efectiva no ano seguinte).
Primeiro semestre
Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM):
- Comezo do período voluntario: 31 de Marzo .
- Finalización do período voluntario: 02 de Xuño .
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 02 de Xuño .
- Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 07 de Marzo .
Tasa pola recollida de lixo nas vivendas:
- Comezo do período voluntario: 30 de Xuño .
- Finalización do período voluntario: 01 de Setembro .
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 01 de Setembro .
- Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 06 de Xuño .
Segundo semestre
Exaccións unificadas industriais (Lixo industrial):
- Comezo do período voluntario: 01 de Agosto .
- Finalización do período voluntario: 30 de Setembro .
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 30 de Setembro .
- Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 27 de Xuño .
Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana (IBI Urbana):
- Comezo do período voluntario: 01 de Setembro .
- Finalización do período voluntario: 31 de Outubro .
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 31 de Outubro .
- Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 07 de Agosto .
Imposto sobre bens inmobles de características especiais (BICES):
- Comezo do período voluntario: 01 de Setembro .
- Finalización do período voluntario: 31 de Outubro .
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 31 de Outubro .
- Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 07 de Agosto .
Imposto sobre bens inmobles de natureza rústica:
- Comezo do período voluntario: 01 de Setembro .
- Finalización do período voluntario: 31 de Outubro .
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 31 de Outubro .
- Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 07 de Agosto .
Imposto sobre actividades económicas (IAE):
- Comezo do período voluntario: 01 de Setembro .
- Finalización do período voluntario: 31 de Outubro .
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 31 de Outubro .
- Data límite de presentación da solicitude de domiciliación para que sexa efectiva no ano en curso: 07 de Agosto .
Pode vostede ademais consultar a normativa que regula o prezo destes impostos e, en xeral, os de todos os servicios que presta o Concello.
Tamén pode consultar as normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva do Concello de Vigo.