SEDE ELECTRÓNICA

Suxestións e Queixas

Os formularios de suxestións e queixas teñen por obxecto recoller as manifestacións de insatisfacción da cidadanía cos servizos prestados ou presentar iniciativas para a mellora na calidade do servizo ofrecido.

As queixas non terán carácter de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non supón, de ningún xeito, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer a cidadanía.

Solicitude de Información

Solicitude de información xeral a través do correo: 010vigo.org

As canles para facer chegar á Administración, as suxestións e queixas poden ser:

Telemático:

  • Teléfono: É o método máis rápido de resolver a súa queixa ou suxestión. (Recomendado). Servizo gratuito.
    • 010 (para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo).
    • 986810260 (para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo).
    • Horario: De luns a venres de 8 a 20 horas. Sábados de 10 a 14 horas.
  • Internet: Cubrindo o seguinte formulario web.
  • Presencial: nas oficinas dos organismos correspondentes.
  • Videointerpretación 010: Servizo de videointerpretación para que todas as persoas xordas, independentemente do grao e tipo de discapacidade, poidan facer consultas ao servizo de información 010.

Seguemento do estado da tramitación das suxestións e queixas:

Observacións

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información