Verificación dos certificados da Sede
Os certificados de sede teñen a utilidade de asegurar que as relacións da cidadanía se realizan a través dunha canle segura e unha oficina pública recoñecida, que non permiten a intrusión malintencionada de terceiros.
Na Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, o art.10.3 determina que deberá garantirse a identificación do titular da sede e o art.10.4 establece que as sedes electrónicas disporán de sistemas que permitan o establecemento de comunicacións seguras sempre que sexan necesarias.
Para cumprir estes requisitos legais a sede electrónica do Concello de Vigo está dotada dun certificado de identidade do seu servidor web. Ese certificado permite:
- Identificar o portal https://sede.vigo.org como a sede electrónica do Concello de Vigo.
- Garantir a comunicación segura. Toda a información intercambiada entre calquera persoa que acceda á sede e a propia sede é cifrada.
Plataforma de validación VALIDE
O Ministerio de Política Territorial e Administración Pública ofrece a plataforma VALIDE, a través da cal poderá verificar a validez do certificado da Sede Electrónica do Concello de Vigo de forma directa e gratuíta.