Os meus Recibos e Tributos
Os tributos son os ingresos públicos que consisten en prestacións monetarias esixidas por unha Administración pública como consecuencia da realización do feito ao que a Lei vincula o deber de contribuír, co fin primordial de obter os ingresos necesarios para o sostemento dos gastos públicos.
Nesta sección recóllense os principais tributos municipais do Concello de Vigo, así como as súas oficinas, normativa correspondente e os respectivos trámites de pago, domiciliación, exencións, bonificacións, impresión de recibos, certificados etc.
- Imposto de Bens Inmobles (I.B.I.): Oficina, normativa, pago, exencións, bonificacións, certificados, catastro.
- Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (I.V.T.M.): Oficina, normativa, pago, exencións, bonificacións, certificados.
- Imposto de Actividades Económicas (I.A.E.): Oficina, normativa, pago, exencións, reducións, certificados.
- Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía): Oficina, normativa, pago, exencións, bonificacións.
- Taxa pola Recollida de Lixo-Vivenda: Oficina, normativa, pago, exencións, certificados.
- Exacciones Unificadas Industriais (E.U.I.): Oficina, normativa, pago, baixa, bonificacións, certificados.