Exención do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) para vehículos matriculados a nome de persoas con discapacidade

Liberación da obriga de pago do 100% da cota do imposto.

Aplicación:

1. A exención non resultará aplicable ós suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por máis dun vehículo simultáneamente.

2. A xestión, liquidación, inspección e recadación deste imposto corresponde ao Concello de Vigo sempre que o domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo pertenza ao termo municipal.

Período de vixencia:

1. As exencións por certificado do INSS deben renovarse anualmente.

2. As exencións por certificado da Xunta de Galicia caducarán na primeira das seguintes datas:

a) Data fin da discapacidade.

b) Fin de vixencia do permiso de condución.

Salvo oposición expresa, unha vez concedida unha exención para un vehículo, a renovación realizarase de xeito automático previa consulta de datos de discapacidade ou validez do permiso de condución. Se tras a consulta de datos, non se cumpren as condicións esixidas, darase por finalizado este beneficio fiscal.

A quen está dirixido

Os vehículos matriculados a nome de discapacitados para o seu uso exclusivo, aplicándose a exención, en tanto se manteñan ditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte. Presúmese que o vehículo é conducido por persoa con discapacidade cando esta última conste como condutor/a habitual e único na póliza do seguro do vehículo e posúa permiso ou licenza de condución (carné de conducir) en vigor.

Entenderase tamén “uso exclusivo” se a persoa discapacitada precisa de axuda de terceiras persoas para o seu desprazamento e así consta no certificado de discapacidade (neste caso, poderá constar na póliza do seguro como condutor/a habitual outra persoa).

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Solicitar cita previa para presentar a solicitude xunto coa documentación requirida.

Prazos

Se solicita no mes de xaneiro, a exención aplicarase nese mesmo ano, fóra do mes de xaneiro, a exención aplicarase para o exercicio seguinte.

Documentación requirida

    • Certificado de discapacidade
      Pode ser: a) Xunta de Galicia. b) INSS (gran invalidez, permanente, permanente total e absoluta).
    • Carné de Conducir
      Vixente, da persoa conductora.
    • Permiso de Circulación do Vehículo
      No que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva.
    • Póliza de Seguro del Vehículo
      Vixente asinada polo tomador e pola aseguradora.
    • Recibo de pagamento do seguro en vigor
      que conteña: a) Número da póliza. b) Matrícula do vehículo. c) Data de vixencia do seguro.

Oficinas

  • Administración de Tributos

    Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
    Teléfono: 010
    Teléfono: 986 810 0100

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Acordos e normativa municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información