OP-002 Solicitude de declaración de fóra de ordenación en obras rematadas sen título habilitante

Consiste no recoñecemento e na declaración da concreta situación urbanística das obras, instalacións,construcións e edificacións existentes rematadas, realizadas sen licenza, comunicación previa ou orde de execución, ou incumprindo as condicións sinaladas nelas, das cales transcorrese o prazo para que se adoptasen as medidas de restauración da legalidade urbanística.

A declaración da situación urbanística da obra terminada non modifica o carácter ilegal dela, e, en consecuencia, serao sen prexuízo daquelas responsabilidades que puidesen incorrer o seu titular ou da instrución daqueloutros procedementos a que dese lugar.

De conformidade co artigo 377 do RLSG considérase que son obras totalmente rematadas aquelas que se atopen dispostas para servir ao fin a que estean destinadas e en condicións de seren ocupadas sen necesidade de obra complementaria de ningún tipo.

Para os efectos da declaración de fora de ordenación, considerase que unha obra sirve ao fin a que estea destinada cando cumpra as seguintes condicións básicas:

a) Dispón de accesibilidade adecuada en condicións de seguridade.

b) A súa implantación non xera impactos que supoñan riscos previsibles para as persoas ou bens.

c) Conta coas necesarias condicións de seguridade estrutural e de utilización, conforme ao uso ao que se

destina.

d) Reúne condicións adecuadas de salubridade para que non se vexa afectada a saúde das persoas na súa

utilización, nin se alteren as condicións ambientais da súa contorna.

e) Os espazos habitables resultan aptos para o uso ao que se destinan por reunir uns requisitos mínimos de

funcionalidade.

O recoñecemento de que a edificación reúne as condicións básicas en materia de seguridade, habitabilidade

e salubridade, determina a aptitude física da edificación pero non presupón o cumprimento dos requisitos e

condicións que foren esixidos para autorizar as actividades que na mesma leven a cabo.

A quen está dirixido

Documentación requerida

    • Impreso normalizado de solicitude da declaración da concreta situación urbanística das obras OP-002
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado.
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Documentación acreditativa da titularidade do inmoble
      Escritura pública de propiedade do terreo inscrita no Rexistro da Propiedade
    • Memoria subscrita por técnico/a competente coa seguinte contido mínimo:
      1- Descrición da edificación indicando os usos aos que se destina, cadro de superficies, descrición estrutural, construtiva e das instalacións con que conta. 2- Declaración das circunstancias urbanísticas, coa descrición pormenorizada das determinacións urbanísticas e dos preceptos das normas urbanísticas que infrinxe. 3- Declaración da data de remate da edificación, para o que deberán achegarse os medios de proba en que se basea para acreditar a dita data, consistentes preferentemente en documentación oficial ou procedente de administracións ou organismos públicos. 4- Valoración económica da execución material da edificación á data de presentación da solicitude. 5- Certificado subscrito por persoa técnica competente e visado polo correspondente colexio profesional que recolla a aptitude da edificación para o uso a que se destina, analice o sistema estrutural, os elementos construtivos, as instalacións, etc. e a análise e acreditación do cumprimento das normas mínimas de seguridade, habitabilidade e salubridade. 6- No caso de que a edificación se destine a unha actividade: descrición detallada da actividade e das instalacións na que se inclúa a descrición detallada das características da actividade e as características técnicas da maquinaria e instalacións necesarias, indicando para cada elemento a súa potencia, que se ha de expresar en C.V. para as máquinas con motor e en kW para o resto, e estudo xustificativo do cumprimento da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, sempre que a actividade sexa susceptible de xerar ruídos e/ou vibracións. 7- Descrición das obras necesarias, se é o caso, coa finalidade de reducir o impacto negativo do construído sobre a paisaxe, ou as medidas correctoras necesarias para reducir o impacto sobre o medio ambiente.
    • Planos subscritos por técnico/a competente co seguinte contido mínimo:
      1- Plano de situación e emprazamento da parcela, a escala mínima 1:2000 (ou escala mínima axeitada). 2- Plano a escala 1:500 de situación da edificación dentro da parcela con indicación da superficie desta, así como dos recuamentos, lindes, accesos, superficie ocupada e, se é o caso, servizos urbanísticos e aliñacións. 3- Planos a escala 1:50 de plantas e alzados da edificación, acoutados e coas superficies detalladas, con indicación dos usos de todas as estancias. 4- Planos de instalacións a escala adecuada, coa representación esquemática de todos os seus elementos. 5- Planos da estrutura a escala adecuada, coa representación de todos os seus elementos.
    • Reportaxe fotográfica da parcela e das edificacións existentes
      Na que que se poidan apreciar as características volumétricas, tipolóxicas e os acabamentos.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Ayuntamiento de Vigo (Servicio de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servicios de la Sede Electrónica

Carpeta ciudadana

Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).

Más información