Comunicación previa de primeira ocupación e inicio de actividade PO-002

Terminadas as obras de edificación autorizadas nas correspondentes licenzas previas, a persoa titular da licenza porao en coñecemento do Concello de Vigo, mediante impreso normalizado de comunicación previa de primeira ocupación, xunto coa documentación preceptiva.

COMUNICACIÓN PREVIA: documento polo cal as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou o inicio dunha actividade, consonte o establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Antes da comunicación previa de primeira ocupación da edificación deberán cumprirse todas as condicións da licenza de obras autorizada (cesións, urbanización, etc.).

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Temporalmente, deberán descargarse e cubrirse os formularios de forma manual. Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no Rexistro Electrónico da Xerencia de Urbanismo de Vigo mediante o trámite de Solicitude Xeral.

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso normalizado de comunicación previa de primeira ocupación e inicio de actividade PO-002
    • Impreso de autoliquidación da taxa de licenza de primeira ocupación
    • Autoliquidación de taxas de licenza de actividades e instalacións
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado.
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Certificado de final de obra
      Que acredite a efectiva e completa finalización das obras, subscrito polo persoal técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
    • Certificación de fin de obra das instalacións
      Conforme estas se executaron de acordo co proxecto e coas licenzas autorizadas, asinada polo persoal técnico director e visada polo correspondente colexio profesional.
    • Informe de ensaio
      Que xustifique que se cumpre cos illamentos acústicos exixidos de acordo co disposto nos artigos 10 e 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, que deberá completarse co disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións. da ORDENANZA MUNICIPAL DE PROTECCIÓN DO MEDIO CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA. No informe deberá constar expresamente o cumprimento dos requisitos acústicos esixidos..
    • Certificación da axeitada execución das acometidas das redes de subministración
      Emitida polas empresas subministradoras dos servizos públicos.
    • Documentación xustificativa
      Documentación xustificativa da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora.
    • Fotografías da totalidade das fachadas
  • No caso de variacións de detalle na obra executada
    • Memoria e planos da situación final da obra
      Nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas.
  • De ser o caso
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      Emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Se a actividade a desenvolver no establecemento é un espectáculo público ou unha actividade recreativa
    • Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou da
    • Póliza de seguro de responsabilidade civil
      Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pagamento das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou a copia destes.

Observacións

Comunicación previa: documento polo cal as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou o inicio dunha actividade, consonte o establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A presentación dunha comunicación previa non é unha autorización administrativa tácita, senón un medio para que a Administración coñeza a existencia da actuación de que se trate e posibilite o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. Constitúe un título habilitante de natureza urbanística, correspondéndolles ás persoas titulares axustarse ás condicións indicadas na comunicación e ás demais esixidas polo ordenamento xurídico.

O transcurso do prazo de quince días hábiles sen que o Concello declare completa a documentación presentada ou requira a emenda das deficiencias que presente non habilita para a ocupación das edificacións se as obras non están rematadas, non se cumpriron todas as condicións da licenza de obras autorizada (cesións, urbanización, etc.) ou a edificación non se axusta á licenza autorizada sen modificacións substanciais, requisitos que a persoa interesada manifesta cumprir baixo a súa responsabilidade.

Advírtese que o Concello dispón de posteriores facultades de comprobación, control e inspección sobre os actos e usos do solo. A responsabilidade solidaria respecto da conformidade das obras coa ordenación urbanística de aplicación e da súa adecuación ao proxecto presentado é atribuída pola lexislación a quen promova as obras, a quen teña a propiedade dos terreos, aos empresarios das obras, aos técnicos redactores do proxecto e ás persoas directoras das obras e da súa execución (artigo 160.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia).

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información