Comunicación previa de primeira ocupación - a través de representante PO-001

Terminadas as obras de edificación, autorizadas nas correspondentes licenzas previas, a persoa titular da licenza, porao en coñecemento do Concello de Vigo, mediante impreso normalizado de comunicación previa de primeira ocupación, xunto coa documentación preceptiva.

Antes da comunicación previa de primeira ocupación da edificación deberán cumprimentarse todas as condicións da licenza de obras autorizada (cesións, urbanización ....).

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por internet" e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso normalizado de comunicación previa de primeira ocupación PO-001
    • Impreso de autoliquidación da taxa de licenza de primeira ocupación
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado.
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Certificado de final de obra
      Certificado acreditativo da efectiva e completa finalización das obras subscrito por técnico competente, visado polo colexio profesional correspondente
    • Informe de ensaio
      que se cumpre cos illamentos acústicos exixidos de acordo co disposto no artigo 10 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia e coas prescricións establecidas no capitulo I do Titulo III da ORDENANZA MUNICIPAL DE PROTECCIÓN DO MEDIO CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA, e que as instalacións comúns do edificio non producen nas edificacións niveis sonoros superiores aos valores límite establecidos. No informe deberá constar expresamente o cumprimento dos requisitos acústicos esixidos.
    • En seu caso, Boletín de Instalación das Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións
      ou ,en edificios de máis de 20 vivendas ou uso non residencial, certificado final de obra e xustificante da súa presentación na Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales
    • Certificación da axeitada execución das acometidas das redes de subministración
      emitida polas empresas subministradoras dos servizos públicos
    • Documentación xustificativa
      da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora.
    • Fotografías da totalidade das fachadas
  • No caso de variacións de detalle na obra executada
    • Memoria e planos da situación final da obra
      Memoria e planos da situación final da obra, nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas (variacións non substanciais).
  • De ser o caso
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información