Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia da
persoa estranxeira que reside legalmente no pais e que quere traer aos
seus familiares, cónxugue, descendentes menores de idade, e ascendentes.
No informe tense que facer referencia aos seguintes extremos: Título que
habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que
se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que
a habitan e condicións de habitabilidade e equipamiento.
Pode reagrupar e polo tanto solicitar o informe de vivenda:
A persoa estranxeira non comunitaria que resida legalmente en España
durante un ano e que teña autorización para residir polo menos por outro
ano.
Que teña medios de subsistencia suficientes para atender as necesidades
da súa familia unha vez reagrupada.
No caso de reagrupación de ascendentes requírese, que polo menos durante
o último ano de residencia en España, transferíranse fondos de forma
regular e en cantidade suficiente como para presumir unha
dependencia
económica.
No caso de reagrupación de menores Autorización do outro proxenitor para
que o menor resida en España.
Pode solicitar a cita a través do correo electrónico ofi.inmigracion@vigo.org da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Solicitude de cita na Oficina Municipal de Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.
Solicitude cita: 986 442 356 ; 986 442 096
No prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración deberá
emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por
medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para
resolver a autorización de reagrupación familiar.
Subsidiariamente, a persoa extranxeira reagrupante podrá xustificar o
requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta
notarial mixta de presenza e manifestacións, no caso de que a
Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo
indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada.
Preguntas Frecuentes:
Requisitos xerais para a reagrupación familiar.
Requisitos da vivenda.
Cómo legalizar os documentos do país de orixe.
Familiares reagrupables.
Horario: De 9 a 14 horas de luns a venres
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).