Teleasistencia Domiciliaria do Concello de Vigo

O servizo de teleasistencia domiciliaria é unha prestación social de natureza tecnolóxica que, a través dunha liña telefónica e cun equipo de comunicacións e informático específico, permite ás persoas usuarias poñerse en contacto cun centro de atención de chamadas que conta con persoal especializado para dar resposta ás súas necesidades de forma ininterrompida as 24 horas do día e os 365 días do ano.

O servizo municipal xustifícase na necesidade de facilitar unha atención domiciliaria a determinados colectivos especialmente vulnerables como o das persoas maiores, con discapacidades, dificultades de autonomía persoal, carencia de relacións persoais e familiares ou afectados por enfermidades crónicas e outras patoloxías asociadas, sempre que non estean incluídas no sistema de atención á dependencia.

Trátase dun servizo social de carácter normalizador co que se procura a permanencia das persoas usuarias no seu medio habitual evitando internamentos innecesarios en centros e coa tranquilidade de que en calquera situación de risco ou emerxencia serán atendidas con dilixencia.

A quen está dirixido

Poderán ser beneficiarias as persoas maiores de 65 anos ou con discapacidade que estean empadroadas en Vigo, se atopen en situación de risco psicosocial ou físico, vivan soas, total ou parcialmente (nos termos que se establecen no seu Regulamento), e non teñan recoñecemento da situación de dependencia, nin a titular do servizo nin a beneficiaria.

Como facelo

Por Internet

Enviando a solicitude e documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

As persoas solicitantes das axudas presentarán as súas solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

Prazos

Durante todo o ano.

Documentación requirida

  • Documentación a presentar polas persoas da unidade familiar, se non autorizan ao Concello de Vigo para obter doutras organismos públicos e privados a información necesaria para tramitar a solicitude:
    • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte en vigor do solicitante
      e do/a beneficiario/a no seu caso.
    • Certificación ou Declaración do IRPF
      do último exercicio ou, de ser o caso, certificado negativo do IRPF do solicitante e do/a beneficiario/a.
    • Certificado de prestacións públicas do solicitante e do/a beneficiario/a
      De ser o caso, certificado de pensións da Seguridade Social, ISFAS, subsidio de desemprego, RISGA ou de calquera outra prestación pública do solicitante e do/a beneficiario/a. No caso de que a persoa solicitante tivera cónxuxe ou parella de feito, entenderase como renda persoal, a metade da suma dos ingresos de ambos os membros da parella.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información