Consulta Tributaria Escrita

Os obrigados tributarios poden formularlle á Administración Municipal consultas debidamente documentadas, en relación ó réxime, á clasificación ou á cualificación tributaria que en cada caso lles corresponda.

A quen está dirixido

Poderán formular consultas tributarias os obrigados tributarios.

Así mesmo, tamén poderán realizar este tipo de consultas os colexios profesionais, cámaras oficiais, organizacións patronais, sindicatos, asociacións de consumidores, asociacións ou fundacións que representen intereses de persoas con discapacidade, asociacións empresariais e organizacións profesionais cando se refiran a cuestións que afecten á xeneralidade dos seus membros ou asociados.

Como facelo

Por Internet

Remitindo a consulta, a través da Carpeta do Cidadán, ao Rexistro Xeral do Concello.

A exposición da consulta será todo o detallada posíbel, debendo adxuntar toda a documentación necesaria para facilitar a tramitación da mesma.

A Administración requiriralle documentación adicional no caso de que sea necesario para resolver. Se no prazo de 10 días non se presentase darase por desistido na súa petición.




Presencialmente

Cubrir o impreso de solicitude, sendo a exposición da consulta todo o detallada posíbel, e entregalo no Rexistro Xeral do Concello.

Deberase achegar toda a documentación necesaria para facilitar a tramitación da súa consulta.

A Administración requiriralle documentación adicional no caso de que sea necesario para resolver. Se no prazo de 10 días non se presentase darase por desistido na súa petición.

Prazos

A Administración Municipal deberá contestar ás consultas efectuadas nun prazo máximo de seis meses.

Documentación requirida

    • Impreso de Solicitude 2 copias
    • Documentación Complementaria
      Toda aquela documentación relacionada coa súa consulta para poder darlle solución.

Observacións

1. A contestación as consultas tributarias escritas terá efectos vinculantes para o órgano encargado da aplicación dos tributos na súa relación co consultante no seguinte sentido:

Mentres non se modifique a lexislación ou a xurisprudencia aplicable ao caso, aplicaranse ao consultante os criterios expresados na contestación e sempre que non se tiveran alterado as circunstancias e datos recollidos no escrito da consulta.

Aplicaranse os criterios contidos nas consultas tributarias escritas a calquera obrigado, sempre que exista identidade entre os feitos e circustancias de dito obrigado e os que se incluan na constestación á consulta.

2. A competencia para contestar as consultas establecidas neste precepto corresponderalle a Xunta de Goberno, sen que caiba recurso ningún contra a contestación e sen prexuízo de que poida emprenderse aquel contra o acto ou actos administrativos dictados de acordo cos criterios manifestados nas mesmas.

Acordos e normativa municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información