Trátase de obter unha ou dúas bocas de nicho nos cemiterios municipais en concesión administrativa.
Calquera persoa maior de idade que se atope empadroado neste concello.
Remitindo a solicitude, a través da Carpeta do Cidadán, ao Rexistro Xeral do Concello.
Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza, que poderá ingresarse polo seu importe total ou ben en fraccións, no caso de que se trate de nichos en construcción.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presentando o impreso de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.
Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza, que poderá ingresarse polo seu importe total ou ben en fraccións, no caso de que se trate de nichos en construcción.
Depende da existencia ou non de bocas no intre da solicitude.
No intre de facer a solicitude non é necesario que aporte ningunha documentación, ésta requiriráselle por escrito antes de proceder á adxudicación.
No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a iniciación do expediente para adxudicación requirirase autoliquidación por trámite do expediente de concesión por importe de 30 euros.
No caso de que a concesión non fose levada ata o final sexa por renuncia, impago ou calquera outra causa imputable ao interesado, o expediente pecharase sen dereito a devolución do importe ingresado pola tramitación.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).