Trátase de obter unha boca de cinceiro nos cemiterios municipais en concesión administrativa.
Calquera persoa maior de idade que se atope empadroado neste concello.
Remitindo a solicitude, a través da Carpeta do Cidadán, ao Rexistro Xeral do Concello.
Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presentando o impreso de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.
Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza.
Depende da existencia ou non de bocas no intre da solicitude.
No intre de facer a solicitude non é necesario que aporte ningunha documentación, ésta requiriráselle por escrito antes de proceder á adxudicación.
No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a iniciación do expediente para adxudicación requirirase autoliquidación por trámite do expediente de concesión por importe de 30 euros.
No caso de que a concesión non fose levada ata o final sexa por renuncia, impago ou calquera outra causa imputable ó interesado, o expediente pecharase sen dereito a devolución do importe ingresado pola tramitación.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).