Trámite para cambiar a titularidade da propiedade de nichos, cinceiros ou panteóns en cemiterios municipais por un contrato de compra - venda.
O propietario.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presentando a solicitude en documento normalizado xunto coa documentación requirida e o pagamento da taxa correspondente no Rexistro Xeral do Concello.
Na solicitude deberá facer constar os datos persoais do titular, da persoa ou persoas a quen se lle van a transmitir as bocas e os datos destas (cemiterio, libro e folio).
O prazo de resolución é de 2 meses aproximadamente.
Ao importe a satisfacer pola taxa correspondente, deberase engadir a cantidade especificada na Ordenanza Reguladora dos Cemiterios Municipais en concepto de expedición do título.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).