Exención do Prezo Público nas Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas

Trámite para quedar exento do pago da matrícula e mensualidades pola prestación do servizo das Escolas Municipais de música e artes escénicas.

A quen está dirixido

En xeral:

Estarán exentos dos Prezos Públicos regulados na presente ordenanza, os membros de familias que estean dentro dos límites establecidos no artigo 3.1 da ordenanza reguladora número 40.

O ingreso bruto anual per cápita calcularase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais da unidade familiar entro o número de integrantes. Menor de 25 anos con discapacidade: Se a discapacidade e superior ao 65% computarase como se foran dúas persoas.No caso de que o grado de discapacidade estivese entre un 33% e 65% computarase como 1,5 persoas.

Familias numerosas: Deberán presentar o título expedido pola Xunta de Galicia vixente a 01 de xaneiro de ano para o que se solicita a aexención.

Familias monoparentais: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente reductor do 0,55% (redución do 45%) si solo percibe ingresos o preoxenitor/a custodio/a, e os fillos non finalizasen o ensino obrigatorio, non contabilizando prestacións de fillos por minusvalía, invalidez ou similares.

Violencia de xénero con sentenza firme: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente reductor do 0,35 (redución do 65%) nun período de 5 anos a contar desde a data da sentenza firme.

Desempregado de longa duración: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente reductor do 0,35 (redución do 65%) as persoas con cargas fzamiliares que leven en situación de desemprego máis de 22 meses ininterrumpidos.

Como facelo

Por Internet

Pode facer a solicitude a través do Rexistro electrónico xeral do Concello, achegando o impreso de solicitude de exención dispoñible no apartado documentación requirida desta páxina.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Entregando o impreso cuberto de solicitude no Rexistro Xeral do Concello xunto coa documentación requerida.

Prazos

O prazo de solicitude para a exención ven determinado en cada convocatoria anual do curso (consultar en www.emmavigo.org)

Documentación requirida

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información