Baixas de Subministro de Auga

Darse de baixa no contrato de subministro de auga.

O Pleno do Excelentísimo Concello de Vigo, reunido en sesión extrórdinaria o día 25 de outubro de 1990, adxudicou a Seragua FCC Vigo UTE a concesión para a explotación do Servizo Municipal de Augas de Vigo por un período de vinte e cinco anos. A finais de 2002, Seragua pasou a denominarse Aqualia.

A quen está dirixido

O titular do contrato.

Como facelo

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá comunicalo en calquera das oficinas de Aqualia. Así mesmo deberá realizar os seguintes pagos:

- Recibo de Liquidación (consumo dende a última lectura ata o día da baixa).

- Débeda por recibos anteriores, no caso de existir.

O pago realizarase se non está domiciliado, en efectivo nas oficinas, de 8:30 a 13:30 e se está domiciliado, transfírese á súa conta bancaria.

Observacións

- Non é necesario presentar ningunha documentación. En caso necesario, Aqualia porase en contacto co cliente para as xestións pertinentes sobre o contador.

- A devolución da fianza farase por cheque a nome do titular do contrato, ou mediante transferencia á súa conta bancaria.

Máis información

Atención al cliente: 900 813 357

Direccións:

Oficina Principal

C/ Cantabria s/n

36206 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Oficina no Centro

C/ Venezuela nº 4

36203 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información