A xestión de este trámite corresponde a Xefatura Provincial de Tráfico do domicilio do interesado. Se se tratase dun vehículo especial agrícola tamén pode solicitarse na Xefatura Provincial onde se domicilie o mesmo.
Para realizar este trámite deberá achegar a dita Xefatura Provincial orixinal e fotocopia do xustificante de pago, exención ou non-suxeción do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica do Concello en que está empadroado, como parte da documentación requerida para facer a matriculación, e que deberá solicitar na casa do Concello (ver trámites relacionados).
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Farase a solicitude e presentarase a documentación requerida en:
Delegación da Xefatura Provincial de Tráfico
C/ Regueiro 15. (Vigo), C.P. 36211
Telf. 986 414 046 / 047
Fax. 986 413 085
oltvi@dgt.es
Horario: De 9:00 a 14:00 H.
Horario de caixa no verán: 9:00 a 13:30 H.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).