O auditorio é unha dependencia municipal que ten como finalidade o desenvolvemento de actividades socioculturais, educativas e institucionais promovidas polo Concello de Vigo. Nas datas que as instalacións estean dispoñibles, tamén poderán ser utilizadas por outras entidades públicas ou persoas, xurídicas ou físicas.
Calquera persoa física ou xurídica e outras entidades públicas.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Soamente no caso de persoas físicas, as solicitudes realizaranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Vigo, en impreso normalizado.
A solicitude realizarase cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto do inicio da actividade. As solicitudes presentadas fora de prazo poderán ser desestimadas automáticamente.
Ver as bases para a utilización do auditorio da Casa do Concello para:
- Datas e horarios de funcionamento.
- Criterios para a cesión de uso.
- Duración da cesión.
- Acceso.
- Normas para o público.
- Responsabilidade dos organizadores.
- Etc.
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).