As persoas propietarias, criadoras ou tenedoras de cans considerados como de raza perigosa teñen que tramitar a correspondente licenza municipal no Concello onde resida a/o propietaria/o do can (onde estea empadroado), ademáis de proceder á inscrición do can onde este resida.
Segundo o Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, considéranse cans potencialmente perigosos aqueles que pertenzan a calquera destes grupos:
- Os que tiveran episodios de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
- Os que foran adestrados para a garda e defensa .
- Os que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio.
- Os que pertenzan ás seguintes razas: Akita Inu / American Bully / American Stadfforshire Terrier / Bullmastif / Bull Terrier / Doberman / Dogo Arxentino / Dogo de Bordeos / Dogo do Tibet / Fila Brasileiro / Mastín Napolitano / Pitbull terrier / Presa Canario / Presa Mallorquín (Ca de Bou) / Rottweiller / Staffordshire Bull Terrier / Tosa Inu.
Todas aquelas persoas que estén empadroadas no Concello de Vigo propietarias, criadoras ou tenedoras de cans considerados coma potencialmente perigosos, que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3.1 do Real Decreto 287/2002:
1. Ser maior de idade.
2. Non ter sido condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos.
3. Non ser sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o Réxime Xurídico de animais potencialmente perigosos. No entanto, non será impedimento para a obtención ou, no seu caso, renovación da licenza, ser sancionado coa suspensión temporal da mesma, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta sexa cumprida íntegramente.
4. Dispoñer de capacidade física e aptitude psicolóxica para a tenza de animais potencialmente perigosos.
5. Acreditación da formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros.
Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Unha vez presente toda a documentación para a tramitación da licenza, o departamento de Medio Ambiente tramitará o expediente administrativo para outorgarlle un número de licenza para a posesión do can de raza perigosa, remitíndolle por correo a resolución do Concelleiro delegado da área de Medio Ambiente e, posteriormente, se lle fará entrega do carné de licenza municipal.
A licenza será expedida nun prazo aproximado de 15 días, a contar dende a data da solicitude convintemente presentada.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Deberá iniciar os trámites da licenza no momento da adquisición do animal.
- A licenza é persoal e intransferible, é dicir, é única para a persoa propietaria do can ou que o conduza pola vía pública. Polo tanto, se pasean o can máis dunha persoa deberán tramitar a licenza por separado cada un deles. Sinalar ademáis, que a persoa que conduza o can ten que ter a maioría de idade.
- A licenza deberá ser renovada cada cinco anos e perderá a súa vixencia no momento en que o seu titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos, coma por exemplo, non renovar anualmente o recibo do seguro.
- Calquera variación dos datos que figuran na licenza deberá ser comunicada polo seu titular nun prazo de quince días contados dende a data en que se produzan. Por exemplo, se vostede cambia de enderezo deberá comunicalo mediante o correspondente impreso.
- Co fin de axilizar os trámites, pode presentar ao mesmo tempo a solicitude de licenza e a solicitude de inscrición no Rexistro Municipal de animais potencialmente perigosos (ver trámite relacionado) .
Lembre que debe levar o seu can pola rúa ou lugares públicos do seguinte xeito:
- Con bozo axeitado, atado con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a 2 metros.
- Debe levar a licenza municipal e a certificación acreditativa do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.
- Non pode levar máis dun destes cans ao mesmo tempo.
Sancións:
Segundo o disposto no artigo 19 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, “en materia de infraccións e sancións rexerá o disposto na lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos e na lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade ”.
Entre outras cabe citar que o artigo 13 punto 1 letra b) da lei 50/1999, do 23 de decembro, considera como infracción moi grave ter cans ou animais potencialmente perigosos sen licenza ,tipificada no punto 5 do devandito artigo con sancións dende 2.404,05 euros ata 15.025,30 euros.
Asemade, compre informar que segundo o estipulado no artigo 20 punto 3 do citado decreto “os órganos competentes para sancionar por infracción graves son o Director Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e, por infraccións moi graves, o Conselleiro de Medio Ambiente ”.
Preguntas frecuentes:
¿Quen debe tramitar a licenza?
A persoa, maior de idade, propietaria do can, e dado que a licenza é persoal e intransferible,calquera persoa que conduza o can polo vía pública terá que tramitar a correspondente licenza.
¿Onde se tramita a licenza?
No concello onde resida a/o propietaria/o do can, o que se xustificará co perceptivo volante de empadroamento. Exemplo: Se vostede vive en Baiona, terá que tramitar a licenza no concello de Baiona.
¿Onde se inscribe o can?
No concello onde resida o can. Exemplo: Se vostede vive en Vigo, tramitará a licenza en Vigo, pero se o can o ten nunha casa en Porriño, terá que inscribir ao can no Concello de Porriño.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).