Liquidación do Imposto que grava o Incremento de Valor que experimentan os Terreos de Natureza Urbana e que se pon de manifesto coa transmisión da súa propiedade por calquera título (compra-venda, permuta, apartación, donación, herdanza...).
Nas transmisións a título lucrativo a persoa física ou xurídica que adquira o terreo, mentres que nas transmisións a título oneroso será quen o transmita.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá ir a Oficina de Plus-valía do Concello, xunto coa documentación necesaria (ver documentación requerida) para cumprimentar o formulario de autoliquidación de forma asistida polo persoal da mesma.
Unha vez cumprimentado e calculado o importe a pagar, ingresará a autoliquidación na entidade bancaria colaboradora.
Poderá solicitar cita previa no seguinte enlace: Solicitude de cita previa
Por correo electrónico (Só para persoas físicas): Remitirán a documentación necesaria á Oficina de Plus-valía do Concello ofi.plusvalias@vigo.org indicando o enderezo ou correo electrónico onde desexe que lle envíen a documentación necesaria para realizar o pagamento. Remitiráselle o impreso de autoliquidación co cálculo do importe a pagar.
Posteriormente deberá presentar o impreso de autoliquidación nas entidades bancarias colaboradoras ou a través de www.vigo.org/pagos para facer efectivo o pago.
Recórdase que os Obrigados a Relacionarse Electrónicamente deberán empregar o Rexistro Electrónico (enlace no apartado “Por Internet”)
Será de aplicación a Ordenanza Fiscal Xeneral do Concello, Lei Xeral Tributaria e restante normativa de aplicación.
Gozarán dunha bonificación do 50% na cota íntegra cando o feito impoñible consista na transmisión de dominio mortis causa en relación á vivenda habitual do causante a favor do seu cónxuxe, descendentes e ascendentes.
Para poder gozar desta bonificación será preciso solicitala expresamente no prazo de declaración do imposto e que o sucesor/a manteña a adquisición durante os catro anos seguintes á devindicación deste imposto.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).