Rexistro Municipal de Asociacións

Os Concellos deben establecer un rexistro para a inscrición das asociacións que actúen no seu territorio, nos termos e cos efectos previstos no artigo 236 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.

O Rexistro Municipal de Asociacións, ten por obxectivo permitirlle ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións entre éstas e o Concello e coñecer os seus fins e a súa representatividade, cara a posibilitar o fomento do asociacionismo e participación cidadá, baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.

A quen está dirixido

Asociacións sen ánimo de lucro, previamente inscritas no Rexistro provincial, autonómico ou estatal correspondente.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Documentación requirida

    • Formulario de inscrición que se achega e que contén datos da asociación Asinada dixitalmente polo/a representante legal da entidadAe.
    • Estatutos da entidade
      Visados polo Rexistro correspondente. Asinada dixitalmente polo/a representante legal da entidade.
    • Inscrición da asociación no Rexistro provincial, autonómico ou estatal correspondente
      Asinada dixitalmente polo/a representante legal da entidade.
    • Orzamento do presente ano (ingresos / gastos)
      Asinada dixitalmente polo/a representante legal da entidade.
    • Programa de actividades para desenvolver na cidade de Vigo no presente ano
      Asinada dixitalmente polo/a representante legal da entidade.
    • Certificado do/a presidente/a ou tesoureiro/a da entidade, dos ingresos por cota de asociado e do número de asociados
      Asinada dixitalmente polo/a representante legal da entidade.
    • Número de célula de identificación fiscal (CIF) da entidade
      Asinada dixitalmente polo/a representante legal da entidade.
    • Certificado bancario do número de conta da asociación
      Asinada dixitalmente polo/a representante legal da entidade.

Observacións

Actualización dos Datos e Documentación Rexistral:

- TODA VEZ CADA ANO, as asociacións inscritas están obrigadas a actualizar os seus datos do rexistro, notificando cantas modificacións se produzan; a excepción dos datos relativos á variación do número de socios, o cal deberá notificarse no prazo dun mes.

- NO ÚLTIMO TRIMESTRE DO ANO, as asociacións presentarán unha memoria onde constará como mínimo a relación de actividades realizadas e o balance económico do exercicio e da súa aplicación, así como o programa de actividades e orzamento para o seguinte ano.

O incumprimento das obrigas contempladas anteriormente, suporá a apertura do correspondente expediente que poderá dar lugar á baixa no rexistro da asociación incumpridora, coa perda dos dereitos que da súa inscrición se derivan.

Oficinas

  • Oficina do Servizo de Participación Cidadá Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta 2ª Teléfonos: 986 810 157 / 986 810 290 Fax: 986 810 263

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información