O DNI é o documento público que acredita a auténtica personalidade do seu titular, sendo o xustificante completo da identidade da persoa, xustifica por sí mesmo a personalidade do seu titular e acredita a nacionalidade española do seu titular e os datos que nel aparecen.
O DNI é persoal e intransferible.
A fotocopia do DNI non ten valor si non vai acompañada do orixinal.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Información de como solicitalo
Pode solicitar cita previa para a expedición do dni electrónico en www.citapreviadnie.es
Solicitude de cita previa chamando ao teléfono 060, dispoñible as 24 horas. Neste mesmo teléfono tamén pode anular a cita, confirmala ou consultar a documentación necesaria para o trámite.
Consulte as oficinas de expedición de Pontevedra do DNI electrónico.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).