Permiso de Calas para Conexión ao Abastecemento e/ou Saneamento Municipal

Estes permisos comprenden a apertura de zanxas, calicatas e calas en terreos de uso público local, inclusive estradas, camiños e demais vías públicas locais, para a instalación e reparación de cañerías, conduccións e outras instalacións, así como calquera remoción de pavimento ou beirarúa na vía pública.

A quen está dirixido

As empresas ou particulares titulares de bens inmobles que precisen realizar a construcción dunha canalización ou reparar unha xa existente en terreos de dominio público.

Como facelo

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

A solicitude e documentación necesaria deberase presentar nas oficinas da empresa concesionaria do abastecemento e saneamento de auga, Aqualia.

A empresa concesionaria do servizo, Aqualia, confeccionará ademais do presuposto da conexión unha autoliquidación de taxas que deberán aboar xunto co presuposto mentado previamente á execución das obras.

Documentación requirida

    • Acreditación da propiedade do inmoble obxecto da solicitude
    • Plano de situación escala 1/1000 ou menor
    • Solicitude/Autoliquidación de Permiso de Calas
    • Fotocopia do DNI / NIF (Fotocopia)
  • No caso de novas construccións
    • Planta de distribución con situacións de portais de entrada, indicando ubicación de acometidas
    • Planos de redes de abastecemento e saneamento proxectadas
      Só no caso de urbanizacións.
  • No caso de edificacións antigas que carezan de ditos servizos
    • Declaración de vertidos
      Só no caso de industrias.
    • Recibo de contribución do inmoble (Fotocopia)
    • Licenza de actividades
      Só no caso de tratarse de naves industriais ou establecementos nos que se implante unha actividade comercial.

Oficinas

  • Oficina Aqualia C/ Cantabria s/n
    36206 VIGO

    Horario: Luns a venres de 8:30 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información