O pasaporte ordinario español é un documento público, persoal, individual e intransferible, expededido polos órganos competentes da Administración Xeral do Estado, que acredita, fóra de España, a identidade e nacionalidade dos cidadáns españois salvo proba en contrario, e, dentro do territorio nacional, as mesmas circunstancias daqueles españois non residentes.
Todos os cidadáns españois teñen dereito a obter o pasaporte ordinario sempre que non concorran nos mesmos algunha das seguintes circunstancias:
- Ser condenado a penas ou medidas de seguridade que conleven a privación ou limitación da súa liberdade de residencia ou de movementos, mentres non se extingan, salvo que obteñan autorización do órgano xudicial competente.
- Cando a autoridade xudicial prohiba a súa expedición ou a saída de España respecto ao interesado que se ache inculpado nun proceso penal.
- Que motivadamente sexalle limitado este dereito polo Ministerio do Interior no ámbito das medidas que deban adoptarse nos supostos recollidos na Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño, reguladora dos estados de alarma, excepción e sitio.
A obtención do pasaporte por aqueles cidadáns suxeitos a patria potestade ou a tutela estará condicionada ao consentimento expreso, da persoa ou órgano que teña asignado o seu exercicio ou, en defecto desta, do órgano xudicial competente.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Para mais información sobre cómo obtelo pulse aquí.
Para solicitar cita previa: 060
Se posúe o DNI electrónico non é necesario presentar fotografía algunha.
Horario: De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).