Consulta do Censo Electoral

Real Decreto 806/2026, de 5 de outubro, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións, publicado no BOE núm. 248 do martes 6 de outubro de 2026, para o 29 de novembro de 2026, dispúxose a convocatoria das eleccións xerais, que terán lugar o 29 de novembro de 2026.

De conformidade co art. 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño de Réxime Electoral Xeral, os concellos teñen a obriga de manter un servizo de consulta de listas electorais vixentes no seu municipio durante un prazo de oito días, prazo no que calquera interesado poderá achegar a reclamación que estime pertinente en relación ós seus datos censuais.

A consulta poderá realizarse:

  1. Por medios informáticos, na sede electrónica do Concello de Vigo, a través do procedemento Consulta do Censo Electoral
  2. No teléfono de consulta: 986 810132 en horario de 9:00 a 13:30 horas.
  3. De forma presencial no Concello de Vigo (Servizo de Estatística) en horario de 9:00 a 13:30 horas.

En calquera dos tres supostos, o Concello informará ós interesados sobre o lugar no que lle corresponde exercer o seu dereito a voto (colexio electoral e o seu enderezo, Distrito, Sección e Mesa).

No caso de que o interesado precise outra información adicional, sobre datos incluídos no ámbito de aplicación da normativa de protección de datos de  carácter persoal, a consulta soamente poderá realizarse de forma presencial no Servizo de Estatística, previa identificación do interesado con DNI, pasaporte ou permiso de conducir orixinais.

As reclamacións ao Censo Electoral poderán achegarse directamente nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral correspondente ou a través do Concello, que as remitirá á respectiva Delegación.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Por Internet

Para saber onde ten que votar e comprobar os seus datos pulse no seguinte botón




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

De forma presencial no Concello de Vigo (Servizo de Estatística) en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Por teléfono

No teléfono de consulta: 986 810 132 en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Observacións

No caso de que o interesado precise outra información adicional, sobre datos incluídos no ámbito de aplicación da normativa de protección de datos de carácter persoal, a consulta soamente poderá realizarse de forma presencial no Servizo de Estatística, previa identificación do interesado con DNI, pasaporte ou permiso de conducir orixinais.

As reclamacións ao Censo Electoral poderán achegarse directamente nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral correspondente ou a través do Concello, que as remitirá á respectiva Delegación.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información