Solicitude / Autoliquidación de Análise de auga de consumo humano

Análise de parámetros químicos e microbiolóxicos dunha mostra de auga, que mana dunha billa, para determinar se os resultados analíticos obtidos cumpren cos valores paramétricos lexislados para un auga de consumo público.

A quen está dirixido

A calquera persoa que, a título particular, desexe analizar unha mostra de auga, abonando previamente as taxas correspondentes.

Como facelo

Requisitos mínimos que deberá cumprir a mostra para ser admitida:

1.- Dispoñer dun envase estéril de capacidade mínima dun litro (pódese mercar na farmacia).

2.- A análise deberase realizar o máis axiña posible, polo que non deberán transcurrir máis de 24 horas desde a toma da mostra ata a chegada da mesma ao laboratorio.

3.- Unha vez recollida a mostra e ata o seu traslado ao laboratorio deberá manterse en refrixeración entre 4ºC e 8ºC e protexida da luz solar.

4.- O horario do laboratorio para a recollida de mostras é entre as 9 e as 13 horas.

5.- Os días para a recollida de mostras quedan condicionados ao tempo de incubación necesario para algúns ensaios microbiológicos (mínimo 48 horas), polo que preferentemente recolleranse de luns a mércores.

Normas básicas para a toma de mostras:

- Abrir a billa e deixar saír auga durante 2- 3 minutos.

- Cerrar a billa para esterilizala.

- Esterilizar a boca da billa coa chama dun chisqueiro.

- Abrir de novo a billa e deixar fluír auga durante 1-2 minutos.

- Abrir o envase esterilizado sosténdoo pola parte inferior. Destapar evitando o contacto dos dedos coa boca do frasco.Manter a tapa sempre na man, evitando a súa contaminación.

- Encher o envase deixando un pequeno espazo de aire.

- Tapar o envase e levalo ao laboratorio.

- Se se sospeita que a mostra poida conter desinfectante (cloro...) debería recollerse nun envase con neutralizante ou, de non ser posible, comunicar este dato no laboratorio á entrega da mostra.

Para calquera dúbida sobre as análises a realizar póñase en contacto co Laboratorio Municipal.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, nas dependencias do Laboratorio Municipal coa mostra de auga para analizar.

Tamén pode facer a solicitude levando a mostra de auga directamente nas dependencias do Laboratorio Municipal , onde deberá abonar a taxa correspondente.

Documentación requirida

    • Impreso solicitude / autoliquidación de análises

Observacións

A análise só da fe da mostra facilitada polo cliente, polo que o laboratorio non se responsabiliza da toma de mostra.

Se o laboratorio tivera que realizar a toma de mostras, o cliente deberá abonar as taxas correspondentes ao desprazamento do persoal do laboratorio.

O tipo de análise a realizar determinarase, xunto co cliente, no momento da entrega da mostra no laboratorio municipal en función da orixe da auga ( pozo, auga tratada, manancial...) e de calquera outra información aportada polo cliente.

Oficinas

  • Laboratorio Municipal de Vigo

    Praza do Rei 1
    Sótano 1
    36202 Vigo.
    Telf: 986 810 117
    Email: ofi.lamuvi@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:00 horas.

Acordos e normativa municipal

Lexislación relacionada

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información