Mediante este trámite poderá consultar toda a información relevante para o acceso ás diferentes prazas de emprego público convocadas polo Concello de Vigo.
Calquera persoa.
Na sección de Oferta de Emprego da páxina web do Concello de Vigo pode consultar os anuncios de oferta de emprego público do Concello, así como as súas bases xerais e específicas, listas de admitidos e excluídos, datas dos exames, cualificacións e demais información relevante.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Tamén pode consultar toda a información, arriba descrita, no tablón de edictos situado na Planta Baixa do Concello de Vigo.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).