Denuncias por Animais

Tipifícanse como infraccións leves:

a) O maltrato dos animais que non lles cause dor.

b) A venda, doazón ou cesión dos animais a menores de 14 anos ou incapacitados, sen autorización de quen teña a súa patria potestade, tutela ou custodia.

c) A doazón de animais de compaña como premio.

d) Non manter o animal en boas condicións hixiénico-sanitarias.

e) Mantelos en instalacións inadecuadas.

f) Non facilitarlle a alimentación axeitada ás súas necesidades.

g) O emprego de animais en traballos que os inmobilicen, causándolles dor.

h) Exercer a venda ambulante de animais fóra dos mercados e feiras autorizados.

i) A carencia ou tenencia incompleta do arquivo de fichas clínicas dos animais obxecto de tratamento obrigatorio ou de vacinación.

l) A posesión dun can ou gato non censado nin identificado conforme ao previsto nesta ordenanza.

m) O sacrificio de animais en lugares públicos.

n) A non recollida inmediata dos excrementos dun animal de compaña na vía pública.

ñ) As molestias ocasionadas á veciñanza polo incumprimento do establecido no artigo 4.2 da ordenanza municipal.

o) A entrada e permanencia de animais en locais dedicados á fabricación, venda, almacenaxe, transporte ou manipulación de alimentos.

p) A circulación e permanencia de animais en piscinas públicas durante a tempada de baño, así como nas praias durante o período estival.

q) Que o animal non circule suxeito por correa ou cadea con colar nas vías públicas e fóra dos lugares e horarios establecidos para que poidan circular libremente e soltos.

r) O abandono na vía pública de cadáveres de calquera especie animal.

s) Calquera outra actuación que vulnere o disposto na ordenanza municipal e que non veña tipificada como infracción grave ou moi grave.

Son infraccións graves:

a) O maltrato dos animais que lles cause dor ou lesións.

b) Mutilalos sen necesidade ou sen o adecuado control veterinario.

c) Abandonalos, entendéndose como abandonado, tanto o que non vaia preceptivamente identificado, como os que non leven ningunha identificación sobre a súa orixe ou propietario, sempre que non vaia acompañado de persoa ningunha.

d) A venda ambulante, reiterada, de animais en xeral, fóra dos establecementos, feiras e mercados legalmente autorizados.

e) A venda de animais salvaxes en catividade fóra dos establecementos autorizados.

f) A subministración de estimulantes non autorizados ou substancias que poidan atentar contra a saúde, excepto cando sexa por prescrición facultativa.

g) Non vacinar ou non lles dar o tratamento obrigatorio aos animais.

h) A venda de animais enfermos, a non ser que se trate dun vicio oculto non coñecido polo vendedor.

i) A cría ou comercialización de animais sen cumprir os requisitos correspondentes.

l) O incumprimento de calquera outra das condicións impostas nas autorizacións administrativas.

Ademais, no caso de animais potencialmente perigosos:

m) Deixar solto un animal potencialmente perigoso ou non adoptar as medidas necesarias para evitar o seu extravío ou escapada.

n) Incumprir a obriga de ter identificado o animal potencialmente perigoso.

ñ) Omitir a inscrición no Rexistro dun animal potencialmente perigoso.

o) Ter un can potencialmente perigoso en lugares públicos sen bozo ou non suxeito por cadeas.

p) A negativa ou resistencia a subministrar datos ou facilitar a información requirida polas autoridades competentes ou os seus axentes, así como o subministración de información inexacta ou de documentación falsa.

q) Considerarase, así mesmo, como infracción grave a reincidencia en infraccións leves. Entenderase que existe reincidencia cando se comete unha infracción leve do mesmo tipo que a que motivou unha sanción anterior no prazo de trescentos sesenta e cinco días seguintes á notificación desta, requirirase que a resolución sancionadora adquira firmeza.

Son infraccións moi graves:

a) O maltrato dos animais que lles cause a morte.

b) A organización e realización de espectáculos, pelexas ou outras actividades con animais que impliquen crueldade ou maltrato ou poidan ocasionarlles sufrimentos.

c) A venda de animais con enfermidade infectocontaxiosa coñecida.

d) A venda de animais para experimentación sen a debida autorización ou a centros desautorizados.

e) A esterilización ou o sacrificio de animais sen control facultativo.

f) A reiteración en faltas graves.

Considérase como infracción moi grave a reincidencia en infraccións graves. Entenderase que existe reincidencia cando se comete unha infracción grave do mesmo tipo que a que motivou unha sanción anterior no prazo de trescentos sesenta e cinco días seguintes á notificación desta; requirirase que a resolución sancionadora adquira firmeza.

Ademais, no caso de animais potencialmente perigosos:

g) Abandonar un animal potencialmente perigoso, de calquera especie, entendéndose por animal abandonado, tanto o que non vaia preceptivamente identificado, como os que non leven ningunha identificación sobre a súa orixe ou propietario, sempre que non vaian acompañados de persoa ningunha.

h) Ter animais potencialmente perigosos sen licencia.

i) Vender ou transmitir por calquera título un animal potencialmente perigoso a quen careza de licencia.

l) Adestrar animais para activar a súa agresividade ou para finalidades prohibidas.

m) Adestrar animais potencialmente perigosos por quen careza do certificado de capacitación.

n) A organización ou celebración de concursos, exercicios, exhibicións ou espectáculos de animais potencialmente perigosos, ou a súa participación neles, destinados a demostrar a agresividade dos animais.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Cubrindo o impreso de denuncia e entregalo no Rexistro Municipal do Concello.

Documentación requirida

Observacións

As infraccións indicadas sancionaranse con multas de:

a) As leves, de 25.000 a 50.000 pesetas (o equivalente en euros).

b) As graves, de 50.001 a 400.000 pesetas (o equivalente en euros).

c) As moi graves, de 400.001 a 2.500.000 pesetas (o equivalente en euros).

A imposición de sancións previstas, en conformidade co disposto na Lei do Parlamento Galego 1 / 1993, de 13 do abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e a Lei 50/1999, do 23 de decembro, corresponderalle a:

a) O alcalde, para as infraccións leves.

b) A Xunta de Galicia, a través do órgano que o teña legalmente atribuído en cada momento, para as sancións pola comisión de faltas graves e moi graves.

A incoación dos expedientes sancionadores corresponderalle ao Concello para as faltas leves. Se se trata de faltas graves ou moi graves corresponderalle á Xunta de Galicia, sen prexuízo de que, o amparo do artigo 69 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, pode ser realizado polos Concellos.

Oficinas

  • Oficina de Medio Ambiente Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    2º Andar
    36202 - Vigo
    Teléfonos: 986 810 210 ; 986 810 204

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información