Solicitude de Alta / Modificación da Conta Bancaria para Recibir o Pagamento Mediante Transferencia por parte do Concello

Trámite que deben realizar aquelas empresas ou profesionais que presten servizos ao Concello de Vigo para dar de alta ou modificar os datos bancarios da conta corrente onde desexan recibir as transferencias realizadas polo Concello correspondentes ás súas facturas, previa tramitación e aprobación das mesmas.

A quen está dirixido

As empresas ou profesionais que presten servizos ao Concello de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Presentando o impreso de solicitude, xunto coa documentación requerida, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

Oficinas

  • Tesorería Municipal - Recaudación Voluntaria Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Pranta Baixa 36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 133
    Email: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información