Poderá aprazarse o pagamento da débeda, tanto en período voluntario como executivo, trala petición dos obrigados cando a súa situación económica-financeira, discrecionalmente apreciada pola Administración Municipal de conformidade coas regras dos artigos 41 e seguintes da Ordenanza Fiscal Xeral, impídalles, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos.
Non obstante o anterior inadmitiranse as solicitudes de aprazamento que inclúan débedas en período voluntario e outras en vía executiva, polo que deberán presentarse en distintas solicitudes.
Calquera persoa que pola súa situación económica-financeira non poda, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos coa Administración Municipal.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Na petición de aprazamento farase constar, ademais dos datos identificativos do suxeito pasivo e da débeda, as causas que motivan a solicitude de aprazamento, os prazos e restantes condicións que se solicitan, e a garantía que se ofrece. Á solicitude achegaráselle a documentación requirida e presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Como regra xeral, o solicitante deberá ofrecer garantía en forma de aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución coas salvedades reguladas no artigo 82 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.
Cando se xustifique que non é posible obter o aval, ou certificado, ou que con isto se compromete seriamente a viabilidade da actividade económica, o órgano competente poderá admitir outras garantías.
A garantía cubrirá o importe do principal e dos xuros de demora que xere o aprazamento, máis un 25 por cento da suma de ambas partidas. A garantía constituída mediante aval deberá ser por termo que exceda cando menos en seis meses ao vencemento do prazo ou prazos garantidos.
O órgano competente poderá dispensar total ou parcialmente das garantías exixibles, nos termos que estableza a norma regulamentaria de aplicación, cando a persoa debedora careza de medios suficientes para garantir a débeda e a execución do seu patrimonio puidese afectar ao mantemento da capacidade productiva e do nivel de emprego da actividade económica respectiva ou ben puidese producir graves quebrantos para os intereses da Facenda municipal.
A resolución deberá adoptarse no prazo de seis meses dende o día en que a solicitude tivo entrada oficial no Rexistro Xeral do Concello. Transcorrido este prazo poderá entenderse desestimada.
Por razóns de economía e eficiencia na xestión de cobro, a cota mínima mensual resultante do fraccionamento solicitado non poderá ser inferior a 30 euros.
Cálculo de intereses: Calcularanse os intereses correspondentes a cada aprazamento polo tempo que transcorra entre o vencemento do periodo voluntario de pago e o vencemento do aplazamento.
A presentación dunha solicitude de aprazamento en período voluntario impedirá o inicio do período executivo, pero non o devengo do interese de demora.
As cantidades aprazadas que estiveran garantizadas, devengarán interés de demora.
Tramitación e resolución:
A Recadación do Concello tramitará as solicitudes de aprazamento examinando e avaliando a falta de liquidez e a capacidade para xerar recursos conforme o disposto nas normas regulamentarias de aplicación, formulando a correspondente proposta de resolución ao órgano competente para a súa aprobación.
O órgano competente para a resolución das solicitudes de aprazamentos de pagamento é a Alcaldía.
A resolución notificarase conforme a normativa regulamentaria de aplicación xunto co cálculo de intereses e procedemento en caso de falta de pagamento.Procedemento en caso de resolución denegatoria: En caso que esta solicitude non resultase aprobada, o contribuínte debe pagar a débeda dentro do prazo que reste para a finalización do periodo voluntario. Se non restase prazo, deberá pagarse, xunto aos intereses devengados ata a data da resolución denegatoria, nos prazos establecidos na Ordenanza Fiscal Xeral do Concello de Vigo.
Durante a tramitación da solicitude o debedor deberá efectuar o pago do prazo proposto naquela, podendo, no caso contrario, denegarse a mesma por concorrer dificultades económico-financeiras de carácter estrutural.
Efectos da falta de pagamento: Se chegado o vencemento do prazo concedido non se efectuase o pagamento procederase a exaccionar a débeda pola vía de constrinximento ou ben a executar a garantía de conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria e normativa regulamentaria de aplicación.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).