Os Bens Comunais e os Montes Veciñais en Man Común están exentos do pago do imposto de bens inmobles.
Son bens comunais ou procomún aqueles cuxa propiedade está atribuída a un conxunto de persoas en razón do lugar onde habitan e que teñen un réxime especial de enaxenación e explotación.
Montes en man común son montes de natureza especial que, con independencia da súa orixe, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas e veñan aproveitándose consuetudinariamente en man común polos membros daquelas na súa condición de veciños.
Titulares de bens comunais e montes veciñais en man común.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presentando a solicitude e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).