As entidades que cumpran o establecido o artigo 3 da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado están exentas do pago do Imposto de Bens Inmobles.
As Entidades comprendidas no artigo 2 da Lei 49/2002:
a. Fundacións.
b. Asociacións declaradas de utilidade pública.
c. Organizacións no gubernamentais de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
d. Delegacións de fundacións estranxeiras inscritas no Rexistro de Fundacións.
e. Federacións Deportivas españolas, as federacións deportivas territoriais de ámbito autonómico integradas naquelas, o Comité Olímpico Español e o Comité Paralímpico Español.
f. Federacións e Asociacións das entidades sen fins lucrativos a que se refiren os parágrafos anteriores.
E que cumpran os requisitos do artigo 3 da Lei 49/2002.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presentando a solicitude e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).