Documento que acredita non ten débedas de calquera tipo co Concello de Vigo.
Calquera persoa.
Unha vez que cubra os datos prema no botón de tramitar e imprima o resgardo da solicitude.
Unha vez feito o pago e rexistrada a solicitude, o certificado solicitado estará dispoñible na súa carpeta cidadá cando estea realizado (aproximadamente 1 día hábil).So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Realizará a solicitude no impreso normalizado facilitado na oficina de Información e nesta páxina web; posteriormente debe achegarse á oficina de recadación voluntaria para que lle faciliten a carta de pagamento da taxa pola expedición de documentos. Unha vez efectuado o pagamento na sucursal de Abanca sita na lonxa do Concello debe dirixirse á oficina de recadación voluntaria para que lle entreguen o certificado solicitado.
Pode consultar o importe da taxa preceptiva na Ordenanza nº 10.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).