Mediante a adhesión a este programa as entidades privadas poderán beneficiarse de persoal voluntario, inscrito na Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) do Concello de Vigo, para o desenvolvemento de actividades de interese xeral (servizos sociais, saúde, protección civil, medio ambiente, educación, cultura, lecer e tempo libre, consumo, defensa dos dereitos, mocidade, cooperación internacional, defensa e fomento da economía e calquera outra que responda á natureza e fins da actuación do voluntariado).
Poderán participar nesta iniciativa aquelas entidades privadas estables sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e dotadas de personalidade xurídica que desenvolvan programas ou proxectos de voluntariado no marco das áreas de interese xeral: servizos sociais, saúde, protección civil, medio ambiente, educación, cultura, ocio e tempo libre, consumo, defensa dos dereitos, xuventude, cooperación internacional, defensa e fomento da economía e calquera outra que responda á natureza e fins da actuación do voluntariado.
Requisitos:
1. As Entidades que desexen participar nesta iniciativa deberán estar dadas de alta no Rexistro de Asociacións de Participación Cidadá, e deberán aportar copia compulsada dos estatutos.
2. Cumprimentarán o impreso que se lles achega (en documentación requerida) para obtención de datos, fins e obxectivos e características da actividade susceptible da colaboración das persoas voluntarias da OMV.
3. Proporcionarán ás persoas voluntarias a formación específica e a orientación necesaria para o desenvolvemento das súas actividades.
4. Facilitarán a supervisión e seguemento do persoal da OMV sempre que lles sexa requerido.
5. Deberán entregar no prazo de 15 días posteriores ao remate da colaboración ou a petición do persoal da OMV, sempre que se precise, un informe avaliativo.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cumprimentando o impreso de solicitude que presentará, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).