Os titulares catastrais de locais de uso distinto á vivenda tributan, no caso de locais pechados ou sen uso, cunha cota mínima de disponibilidade do servizo en contía igual á tarifa de vivenda (Artigo 1.2. da Ordenanza).
Estes titulares deberán comunicar ao Concello os arrendamentos daqueles, para causar baixa como suxeitos pasivos da taxa do lixo-industrial (EUI), ao tempo que causará alta o titular da actividade económica desenvolvida no local.
Aos titulares catastrais de locais de uso distinto a vivenda cando asinen un contrato de arrendamento do local.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cubrindo o impreso de solicitude e entregándoo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral de Concello.
A comunicación do arrendamento implicará a baixa do propietario como suxeito pasivo no propio exercicio económico no que se formule, se aquela fose presentada nos tres primeiros meses do exercicio. Noutro caso a baixa causará efectos para o exercicio seguinte.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).