Co obxecto de facilitar aos contribuíntes o cumprimento das súas obrigacións tributarias, así como incentivar a domiciliación bancaria como medio de pago máis idóneo, os suxeitos pasivos do Imposto sobre Bens Inmobles que o desexen xa poden solicitar a aplicación do sistema especial de pago para facer efectivas as cotas polo citado Imposto que, ademais do fraccionamiento da débeda en dous prazos, sen recarga ou interese algún, permitirá o goce dunha bonificación do 3% na cota do citado Imposto.
O primeiro prazo, que será equivalente ao 50 por cento da cota líquida do recibo do Imposto sobre Bens Inmobles correspondente ao exercicio en curso, farase efectivo o 31 de maio do ano en curso mediante a oportuna domiciliación bancaria.
O importe do segundo prazo pasarase ao cobro á conta corrente indicada polo interesado o último día do período de pago do imposto, e estará constituído pola diferenza entre a contía do recibo correspondente ao exercicio e a cantidade abonada no primeiro prazo, deducindo, á súa vez, o importe da bonificación regulada no presente artigo.
Para ser beneficiario deste sistema especial de pago deberá cumprir as seguintes condicións.
1. Ser persoa física ou unha das entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria.
2. Que se formule a oportuna solicitude no impreso que, ao efecto se estableza.
3. Que exista coincidencia entre o titular do recibo/liquidación do exercicio no que se realice a solicitude e nos exercicios seguintes.
4. Que o recibo estea domiciliado ou se domicilie nunha entidade bancaria ou Caixa de Aforros.
Pode facer a solicitude de forma sinxela, a través da carpeta cidadá, premendo no botón tramitar por internet.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cubra o impreso de solicitude e presénteo no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Data fin de solicitudes para o ano en curso: 31 de marzo de 2024 (as solicitudes posteriores a dita data serán efectivas a partires do ano 2025).
Prazo para as domiciliacións:
- Data fin das ordes de domiciliación para que sexan efectivas no primeiro prazo: 10 maio de 2024.
- Data fin para que sexan efectivas no segundo prazo: 6 agosto de 2024.
Notas:
Este sistema especial de pagamento entenderase concedido automaticamente sempre e cando se cumprisen as condicións e os prazos se fisexen efectivos.
No caso de que algún dos prazos cargados fose devolto, non se concederá a bonificación do 3%.
Si xa solicitou a bonificación, e lle foi aprobada, non debe facer unha nova solicitude xa que se renova automáticamente.
Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).