Co obxectivo de potenciar as capacidades e habilidades das persoas maiores para un bo avellentamento e unha prevención da dependencia, a Concellería de Política Social organiza diversas actividades lúdico-formativas ao longo do ano.
Están dirixidas a grupos de 20 a 25 persoas e son impartidas nas oficinas municipais de distrito, asociacións veciñais ou de persoas maiores que o soliciten e aos que se lles conceda.
Consisten en sesións de unha hora ou ben unha hora e media de duración, un día á semana de mañá ou de tarde, durante todo o ano agás do 15 de xuño ao 15 de setembro.
Ás asociacións veciñais, de persoas maiores ou oficinas municipais de distrito interesadas na organización dun obradoiro.
Enviando a solicitude e documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.
O principal obxectivo dos obradoiros é a prevención da dependencia.
Unha vez concedido, o mesmo obradoiro impartirase como máximo dous anos seguidos no mesmo centro ou asociación.
Organización:
As instalacións onde se desenvolva o obradoiro deberán ser cómodas, seguras e accesibles.
A aula deberá ter un tamaño suficiente para acoller a un grupo de 25 participantes e dispoñer dunha iluminación axeitada, ventilación, calefacción, etc.
Os obradoiros impartiranse un día cada semana dende o primeiro trimestre do ano ata decembro (con vacacións dende o 15 de xuño ao 15 de setembro) cunha duración dunha hora ou unha hora e media.
A xestión das altas e baixas nos obradoiros corresponde á Concellería de Política Social. Nin os centros nin os monitores poderán autorizar a participación de novas persoas.
Toda a documentación (carteis, fichas, debuxos, etc.) que fagan referencia aos obradoiros subvencionados pola Concellería de Política Social deberán levar o logo do Concello.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).